Estamos aquí

by Esquíos

/
  • Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

    Poñede coma prezo 0 € (ou outra cantidade se queredes) e descargade! A vosa saúde! :)

     name your price

     

1.
2.
02:33
3.
02:09
4.
03:05
5.
6.
04:14
7.
02:46
8.
01:49
9.
04:06
10.
02:36

about

Despois dun fatídico ano 2013 e da incorporación de tres novos compoñentes Esquíos volvemos co noso disco líricamente máis persoal e escuro, aínda que conservando picadas do noso habitual humor e ironía no que pode ser noso rexistro discográfico máis rotundo.
O disco gravouse en directo no estudio da Radio Galega seguindo as premisas baixo as que se xestaron os grandes discos dos setenta, dun xeito artesanal e sen utilizar ordenadores, capturando toda a maxia e a forza da banda ao vivo en dez temas cunha duración media máis elevada do habitual e que alternan a preponderancia de velocidade, agresividade, groove ou melodía.
Salientar que por primeira vez incluimos nun disco unha versión dun tema alleo, neste caso unha adaptación ao galego do “Let’s lynch the landlord” de Dead kennedys, traducida por nós coma “Linchar ao rendeiro”.
“Estamos aquí” é unha reafirmación de Esquíos como banda, como xeito de face-las cousas e como ideario vital que por suposto vai adicado a memoria de Miguel Angel Castro, Moro.


Gravado en directo no estudio de producción da Radio Galega.
Producido, mesturado e masterizado por Toño Vázquez.

Esquíos somos:

Jorge Rodríguez guitarra e coros
Jorge Iglesias batería e coros
Adrián Gañete "Patuco" voz
Xosé Maceira baixo e coros
Manuel F. Rodríguez guitarra e coros

credits

released May 3, 2014

Toda a música e letras por Jorge Rodríguez agás "Linchar ao rendeiro", adaptación dun tema de Dead Kennedys, "Outra vez", letra de Fosi Labazada e "A dama negra", letra de F. Javier Alvarez Escuredo.
Todos os temas arranxados por Esquíos.
Coros por Esquíos.
Coro e voces en "Ghaivotos" por Chicho Maneiro.

Se queres conseguir a edición física do disco podes mercalo en calquera dos nosos concertos ou pedilo a esquios@esquios.com por 10€, gastos de envío incluidos.


Próximos concertos:

8 de agosto Twist & Shout (O Grove)

Contratación 625 07 66 68 // esquios@esquios.com

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist
Track Name: Estamos aquí
Canto tempo para disentir?
Canto tempo para gozar?
Canto tempo para vivir?
Canto dese tempo para chorar!

É difícil mirar atrás
Sen pensar no tipo normal
Velos rostros dos que se van
Cousas que xa non podes cambiar!

Oooooooh! Ooooooh!

O camiño está por facer
Pasaremos todos por él
E coa forza dos nosos pés
O futuro percorrerao tamén!

Ergue a copa cabo de mín
Aproveitemos esta canción
Porque hoxe estamos aquí
que maña se cadra non é así!

Oooooh! Oooooh!
Track Name: Incomunicado
XA COMEZAN DE MAÑÁ
ESTANSE A COMUNICAR
POR MEDIO DUN APARELLO DIXITAL

PORQUE ME SINTO TAN SÓ
SE O PRENDER O ORDENADOR
TEÑO AMIGOS A MOGOLLÓN

PORQUE NON QUERO FALAR
PORQUE ME DEIXEN EN PAZ
PORQUE XA NON TEÑO NADA QUE CONTAR
PORQUE NON SEI QUEN ES TI
PORQUE A TI NUNCA TE VIN
PORQUE AS REDES NON SON COUSA PARA MIN

ASÍ É A CIVILIZACIÓN
AMISTADES DE SALÓN
FALAR E FALAR SEN TON NIN SON

BAIXA A ACTUALIZACIÓN
FALARAS MÁIS E MELLOR
MILLEIROS DE LIÑAS DE CONVERSACIÓN

RETROUSO
Track Name: Ghaivotos
Milleiros de gaivotos mortos!
Apareceron na praia
Milleiros de gaivotos mortos!
En Ourense e en Lalín
Milleiros de gaivotos mortos!
Cheirando en todo o país

Encheron moito o bandullo
Non podía estirar máis
Encheron tanto o bandullo
E agora están a reventar!

Milleiros milleiros…de gaivotos mortos!
Milleiros milleiros…cubren todo o solo!
Track Name: Cacique
XA LEVAS TEMPO, SENDO UN TORMENTO
DENANTES DE QUE HOUBERA DE NACER

A TÚA XACTANCIA, A SÚA IGNORANCIA
O CÓCTEL NO QUE PRECISAS CRECER

CACIQUE!!
CAUSAS UNHA RESACA QUE NON DEIXA VIVIR
FAI O FAVOR!!
E MARCHATE DE AQUÍ

ES MOI AMARGO, ES INSALUBRE
O GROLO QUE NINGUÉN QUERE TOMAR

VAS AGUANTANDO, IMOS BERRANDO:
“SEGURO QUE A TÚA HORA CHEGARÁ!”

CACIQUE!!
CAUSAS UNHA RESACA QUE NON DEIXA VIVIR
FAI O FAVOR!!
E MARCHATE DE AQUÍ
Track Name: Linchar ao rendeiro
O rendeiro ven a vernos
Di que rompemos o local
Sobe o aluguer, mentres cae o local
Quere que paguemos máis!

Poder
Sei que podemos
Linchar ao rendeiro!!

Decimoslle, danos a auga!!
Decímoslle, danos a luz!!
Responde que vira cando non esteamos
Para nos desaloxar

Poder
Sei que podemos
Linchar ao rendeiro!!
solo
A cociña chea de ratas
Cucarachas ao meus pes
O forno cheira coma Dachau
mentres gotea o local

Poder
Sei que podemos
Linchar ao rendeiro!!
Track Name: A dama negra
Unha mañá eterna a dama negra chamou a porta
co sorriso de nena boa

Pel branca, ollada de pena
toda adobiada de finas teas,

Andábate a buscar a dama
e aquela mañá chamou a porta,

Coa súa faciana de nena boa
pel branca e escuras teas x2

Traía a nena morta ao colo
na procura dun maino arrolo

Coa voz moi queda, dándose presa dixo:
Veña, nada hai que temas!

Colleuche a man e dándote azos:
Anda, non te entreteñas!

Coa súa faciana de nena boa
pel branca e escuras teas x2

Ven canda min a coidar dela,
e deuche en brazos a súa pequena

Bicoute os beizos, estarreciches e un aire xeado...
subiu a modo pola escaleira,

rendícheste baixando a ollada e tocouche a ialma
que mudou xélida

E vai dicindo a xente que xa non sentes, que sempre mentes,
ultimamente!
Murmuran as vellas, que xa non pensas, nada che presta,
non che interesa!
Vai un tempo que te levan vendo, a soas con ela,
a soas con ela!
E din que xa non cantas pola mañá, que pola noite,
non contas estrelas!
Track Name: Impotencia
CANDO O MELLOR QUE PODES FACER, É NON FACER NADA.
CANDO ESTAS OBRIGADO A QUEDAR, SENTADO NA CASA.
CANDO TODO O QUE POIDAS DICIR, IRÁ CONTRA TI.
CANDO A IMPOTENCIA É A FIN.

CANDO TES O PEITO RACHADO, E MANDA O SILENCIO.
CANDO OLLAS AFORA PENSANDO, QUE NON ESTAS DENTRO.
CANDO SINTES QUE TODO ACABOU, ANTES DE EMPEZAR.
CANDO ESTAS CANSADO DE LOITAR.

SOBES-BAIXAS, ESQUERDA-DEREITA
MOVEMENTO QUE NON DEIXA
DE ENVOLVERTE POR DENTRO E POR FORA
DA MALDITA IMPOTENCIA.

CANDO AS BAGOAS NON MANEN DOS OLLOS, PORQUE XA ESTÁN SECOS.
NUN MOMENTO PODES DUBIDAR, E NON DAR PELEXA.
PERO SEMPRE TES QUE SABER, QUE PODES CAMBIAR,
AQUELO POLO QUE QUEIRAS LOITAR.

SOBES-BAIXAS, ESQUERDA-DEREITA
MOVEMENTO QUE NON DEIXA
DE ENVOLVERTE POR DENTRO E POR FORA
DA MALDITA IMPOTENCIA.
Track Name: Quero-té
QUEROTE!!

NON ME DES CAFÉ, QUE TE ESTOU PEDINDO TÉ
NON ME DES CAFÉ!!
Track Name: Rompe
As veces teces unha arañeira
que te separa dos demais
As veces mordes a túa lingua
para deixarte de expresar

As veces sentes que estas amolando
verbalizando o teu pensar
As veces podes sentir vergoña
pero segues a falar

Rompe, rompe con todo!!
Track Name: Outra vez
Poida ser k chegue a rendición
canso d loitar contra o destinho
poida ser k non chegue a luz do sol
pra iluminar o meu camínho
poida k me canse respirar
o mesmo aire ca tí
poida k non me revele máis
k me decida a fuxir!!



Poida ser k chegue a cambiar
nótanse o paso dos anos
poida ser k tenha k lembrar
o teu nome cando nos vexámos
poida ser k chegue a eskecer
o meu propio nome tamén
poida k me canse d chegar
cando xá partíu meu tren!!

Outra vez, outra vez!