Unha mañá eterna a dama negra chamou a porta
co sorriso de nena boa
Pel branca, ollada de pena
toda adobiada de finas teas,
Andábate a buscar a dama
e aquela mañá chamou a porta,
Coa súa faciana de nena boa
pel branca e escuras teas x2
Traía a nena morta ao colo
na procura dun maino arrolo
Coa voz moi queda, dándose presa dixo:
Veña, nada hai que temas!
Colleuche a man e dándote azos:
Anda, non te entreteñas!
Coa súa faciana de nena boa
pel branca e escuras teas x2
Ven canda min a coidar dela,
e deuche en brazos a súa pequena
Bicoute os beizos, estarreciches e un aire xeado...
subiu a modo pola escaleira,
rendícheste baixando a ollada e tocouche a ialma
que mudou xélida
E vai dicindo a xente que xa non sentes, que sempre mentes,
ultimamente!
Murmuran as vellas, que xa non pensas, nada che presta,
non che interesa!
Vai un tempo que te levan vendo, a soas con ela,
a soas con ela!
E din que xa non cantas pola mañá, que pola noite,
non contas estrelas!
credits
from Estamos aquí,
released May 3, 2014
Jorge Rodríguez música, Francisco Javier Alvarez Escuredo letra
Dead Cross, Retox, and Qui members dish out subversive hardcore with an indignant smirk; come for the riffs, stay for the synth experiments. Bandcamp New & Notable Mar 31, 2024
Knockout debut from a Buffalo, New York-based hardcore band who like their riffs sick, their drums fast, and their choruses sticky-sweet. Bandcamp New & Notable Mar 28, 2024