Nunca choveu que non escampara

by Esquíos

/
  • Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

     €6 EUR  or more

     

1.
03:12
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.

about

Gravado ao vivo nos estudios Bonham da Coruña baixo a batuta de José Bonham.

credits

released March 4, 2017

Letras e música por Jorge Rodríguez

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist
Track Name: Chantaxe
Bandeira negra, pirata son

Ameázovos sen sol

Seguide o ritmo, que vou marcar

Ameazo sen xantar

A chantaxe emocional, o fusil dxs desarmadxs

A imposición irracional, dxs fracasadxs


Xa non me queres, non vas por min

Ameazo con dimitir

Non me idolatras, pensas por ti

Ameazo con non existir

A chantaxe emocional, o fusil dxs desarmadxs

A imposición irracional, dxs fracasadxs
Track Name: esquíos - Dobreces
DOBRECES

Apariencia e falsedade
Agochan a túa soidade
Baixo a árbore da sabedoría
Non pasaches cando repartían

Podes enganar un tempo
Non pode ser eterno
Podes enganar un tempo
A un sistema enfermo!

A túa meta persoal
Pervirte o fundamental
Sinalas contra ti
Aos que non pensan así


Podes enganar un tempo
Non pode ser eterno
Podes enganar un tempo
A un sistema enfermo!
Track Name: esquíos - Non ides poder
NON IDES PODER...

Quixeron convencerme, quixeron convencerme
para traballar máis e máis
Tentaron inculcarme, tentaron inculcarme
o amor por acumular

Non, non gastes máis saliva
So quero ser feliz

Quixeron anular, quixeron anular
a miña capacidade de pensar
Tentaron transformar, tentaron transformar
o irracional en racional

Non, non gastes máis saliva
So quero ser feliz

Quixeron programar, quixeron programar
O meu xeito de actuar
Tentáronme vender, tentáronme vender
Que ser un escravo é cousa de fe

Non, non gastes máis saliva
So quero ser feliz
Track Name: esquíos - Telépata popular
TELEPATA

Tes que confiar en min,
Sei coma pensas, coma queres vivir
Nunca te coñecín,
Pero non fai falla, sei que ti es así

Son telepata popular
So tes que confiar
Son telepata popular
Non te preciso escoitar

A realidade non está ai fora,
Esta no meu maxín, na miña cachola
Nos meus libros vou aprender
A representarte, sen tempo que perder

Son telepata popular
So tes que confiar
Son telepata popular
Non te preciso escoitar
Track Name: esquíos - Terra meiga
TERRA MEIGA

Terra meiga!
Da revolución!
Terra meiga….
e da desunión!

Eu digo que si, que si,
ti dis que non, que non
Eu quero xogar a pelota
ti queres xogar ao balón

Terra meiga!
Da revolución!
Terra meiga...
e da desunión!

Ela pide a compartida
ti queres gañar a partida
Ela pide imaxinación
e ti determinación

Terra meiga!
Da revolución!
Terra meiga...
e da desunión!
Track Name: esquíos - Panorama para botar
PANORAMA PARA BOTAR

Nena, imos a verbena
hoxe toca a Panorama
eche o playback con máis fama

Pena, que estará petado
a cultura desta terra
é algo moi solicitado

A causa de que goberne o Partido Popular
é a Panorama que nos confunde ao botar!
A culpable de que goberne o Partido Popular
é a Panorama que nos confunde ao botar!

Neno, imos a bailar
esquecernos que goberna
o partido popular

Temo, que non vou lembrar
que maña hai eleccións
e tería que ir votar

A causa de que goberne o Partido Popular
é a Panorama que nos confunde ao botar!
A culpable de que goberne o Partido Popular
é a Panorama que nos confunde ao botar!
Track Name: esquíos - Manías en común
MANÍAS EN COMÚN

Levamos tempo preparando
a convivencia en común
o noso amor ía medrando
dende aquel día en Estambul

So pensabamos en bicarnos
agardando por ese día
que poderíamos espertarnos
a túa meixela xunto á miña

Manías en común!
So tes defectos, aproveitable ningún!
Manías en común!

SOLO

Tal vez pecamos de inocentes
se cadra fomos algo parvos
a convivencia permanente
no amor pode causar estragos

Manías en común!
So tes defectos, aproveitable ningún!
Manías en común!
Track Name: esquíos - Que pare de chover
QUE PARE DE CHOVER


XA NUNCA VEXO O SOL

XA NUNCA VEXO O SOL NESTA TERRA

XA NON PODO VER A COR

XA NON PERCIBO A COR DA AREA

QUE PARE DE CHOVER!!


DURMOME ESCOITANDO CAER

A AUGA QUE ASULAGA ESTA TERRA

AFORRO PARA PODERME OPERAR

PRECISO TER BRANQUIAS COMA AS RÁS

QUE PARE DE CHOVER!!
Track Name: esquíos - Reflexións
REFLEXIÓNS

Olla, olla
Porque as nubes non son fume
Máis o fume ascende ao ceo

Escoita, escoita
Se o momento o require
Porque non te sentes libre

Non por que?
Por que non?
Porque non pode ser

Pensa, pensa
As batallas son perdidas
se a causa é descoñecida

Acouga, acouga
Os problemas esvaecen
Se a nosa mente os esquece


Non por que?
Por que non?
Porque non pode ser
Track Name: esquíos - Vexo os teus ollos
VEXO OS TEUS OLLOS

Camiño pola beirarrúa
sinto a soidade da xente
malia que ficas ben lonxe
sempre te levo na mente

Un par de estrelas no ceo
escintilan con máis fulgor
e cando as miro na noite
vexo os teus ollos amor!

Na fraga preto do pobo
o verde mostra esplendor
miro na copa dos pinos
e vexo os teus ollos amor!