A diana somos tod​@​s

by Esquíos

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €5 EUR  or more

     

1.
2.
02:49
3.
4.
5.
6.
7.
8.
02:29
9.
10.
11.
12.

about

Contratación: littlerockgalicia@gmail.com// 629 89 44 81
Contacto: esquios@esquios.com
Web: www.esquios.com

credits

released May 1, 2015

Todas as músicas e letras compostas e escritas por Jorge Rodríguez. Todos os temas arranxados por Esquíos.
Deseño de portada por Jorge Rodríguez.
Gravado, mesturado e masterizado en dous días de abril do 2015 por José Bonham, nos Bonham estudios da Coruña.

tags

license

Track Name: As nosas armas
Cansaches de palabras, cansaches de promesas
Chega un momento no que xa non cres en nada
Cansaches de ser un xoguete nas máns dun patrón
Que busca o seu proveito e ignora a tripulación

Cansaches de que as leis sexan utilizadas
Para pechar a boca dos que xa non temos nada
Cansaches da violencia que nos chega de arriba
Botanos da casa e deixanos sen comida

Temos miolos e a razón
Temos a forza do pobo
Temos ansia e corazón
Pasemos a acción!!

Pasaches da impotencia á desesperación
Que por non ter cartos te traten coma a un ladrón
Ollaches aos teus fillos e viches o futuro
Cidadáns e non escravos, camiñando todos xuntos

Temos miolos e a razón
Temos a forza do pobo
Temos ansia e corazón
Pasemos a acción!!
Track Name: Asalariado
Ofreces democracia e so nos das corrupción
Vendes igualdade e so obtemos extorsión
Dun sistema inxusto que busca a eliminación
Dos dereitos que acadou a anterior xeración

Cada catro anos saes da torre de cristal
Na que vives apartado do mundo real
Agasallas con sorrisos e con apretóns de mans
A todos os ilusos que te van a aclamar

Se eres o meu representante non me vas levar x diante
Para que os teus catro maigos poidan vivir ben
Se eres o meu asalariado, baixo o paraugas do estado
Non vou a permitir que me deixes sen comer

Envías ao pitufos para convencer
A base de ostias ao pobo que non cre
As túas mentiras, as túas bufonadas
Usas as leis para ter bocas pechadas

Se eres o meu representante non me vas levar x diante
Para que os teus catro maigos poidan vivir ben
Se eres o meu asalariado, baixo o paraugas do estado
Non vou a permitir que me deixes sen comer
Track Name: Animais de aspecto estraño
Ter medo a unha folla en branco
sensación de non ser nada
non ter nada que aportar
ou ser materia estragada

O arrepío da indignidade
servido en bandexa de prata
o furto da humanidade
que perpetra o pederasta

Animais de aspecto estraño!!

Ventos de cambio arrasan
Esnaquizan o futuro
campos ermos onde pasan
a morte é un feito seguro

As sereas porque cantan
As feras porque nos morden
As aves comen e matan
as árbores por que non poden

Animais de aspecto estraño!!
Track Name: So unha ollada
Sigo conducindo, pola vía principal
Fito cara adiante, todo o resto dáme igual
Vos coas vosas teimas, e eu que quero rematar
Semáforo en roxo que me obriga a parar

Cruzamos a ollada devagar!
Sinto o teu veleno penetrar!

Foron uns segundos que xa non podo esquecer
Foi coma pezoña que se espallou no meu ser
Penso se algún día, poderei volverte a ver
Cismo no seguinte paso, no que teño que facer

Volvo ser consciente de sentir!
Sinto novas gañas de vivir!

Estou chegando a casa, e non deixo de sorrir
Son coma unha estatua, que chegara a vivir
Farei o preciso por volverte atopar
É o meu obxectivo, polo que quero loitar


Cruzamos a ollada devagar!
Sinto o teu veleno penetrar!
Track Name: Aínda miña mente fala
Podes torturarme sen piedade
Podes atar as minhas mans
Podes deixarme cego de verdade
A minha língua podes amputar
Aínda a miña mente fala, e non vai calar!
Aínda a miña mente fala, e non vai parar!
Aínda a minha mente fala, terasme que matar!
Podes cubrirme de mentiras
Poñelos a tod@s contra min
Ilegalizar meu pensamento
Podes recluírme entre muros de cemento
Aínda a miña mente fala, e non vai calar!
Aínda a miña mente fala, e non vai parar!
Aínda a minha mente fala, terasme que matar!
Track Name: Saudade do sol
Nunha casa rosa, habita unha sombra,
soñando con luces de neón
A vida se esgota, a miseria brota,
a paisaxe perde concreción

A casa muda a súa cor,
Alguén morre no interior

Os recordos viven, as paredes seguen,
envolvendo todo de dolor
O vidro das fiestras, esculpe a paisaxe,
a fraga disolvese arredor

A nebra oculta o lugar,
O silencio é total

Saudade!! Dunha man que traia ao sol!!
Saudade!! De apertas de corazón!!

Leve movemento, corpo macilento,
Derradeiro sinal de pulsión
A man que saúda, cando chega a Parca,
Deixase caer no sucio chán

A casa muda a súa cor,
Alguén morre no interior

Saudade!! Dunha man que traia ao sol!!
Saudade!! De apertas de corazón!!
Track Name: Es menos que nada
Es ignorancia vestida de vulgaridade
É falta de intelixencia e de dignidade
Es un mundo tan pequeno que non pesa nada
É tan insignificante a túa pegada

Pero ti non o ves
Pero ti non sabes quen es...
Pero ti non o ves
Es menos que nada!

Es unha persoa falsa coma a sociedade
É pouco recomendable a túa amizade
Es alguén tan daniño coma a tempestade
Es cen x cen prescindible e non retornable

Pero ti non o ves
Pero ti non sabes quen es...
Pero ti non o ves
Es menos que nada!
Track Name: Animal
Ser natural nun mundo artificial
so está ben visto polo mercado
argumento de venda insubstancial
hipocrisía travestida de saldo

Chámame animal porque son instintivo,
non coñezo o termo planificar
Dime salvaxe porque son impulsivo,
fachendoso de non razoar

Salvaxe, animal!! Chámamo outra vez!!
Salvaxe, animal!! Sempre serei!!
Salvaxe animal!! Chámamo outra vez, outra vez!!

Non creo en bandeiras nin creo en estados
Non hai fronteiras artificiais
Creo en aquelo que ulo e que toco
Creo nas leis si son naturais

Salvaxe, animal!! Chámamo outra vez!!
Salvaxe, animal!! Sempre serei!!
Salvaxe animal!! Chámamo outra vez, outra vez!!
Track Name: Dalle lume Robin
Farto de nubarróns, de non ver brillar o sol
Canso de malos agoiros, de escuridade e de dor
Non quero verte chorar, so preciso a túa ilusión

Quero encher días e noites de momentos sen igual
Esquecerme dos problemas que nos tentan afogar
Hoxe mesmo é o futuro e non quero saber máis

Carpe diem en latín!! En galego ponte a mil!!
Carpe diem en latín!! Dalle lume Robin!!

Olla ao fondo dos meus ollos e poderas comprobar
Que o fulgor que os ilumina sempre me acompañara
Se segues cabo de mín nada me vai a parar

Carpe diem en latín!! En galego ponte a mil!!
Carpe diem en latín!! Dalle lume Robin!!
Track Name: Aprende inglés
Yes vey well
Thank you very much fandago

Aprende inglés na Xunta con Feijoo!!
Track Name: Non deixes de avanzar
Dignidade é unha verba doada de pronunciar,
Darlle o seu sentido é o que temos que acadar,
Igualdade e respecto non se quedan atrás,
O progreso consiste en sabelas conxugar,

Importan as persoas, non importa o capital,
Importan as ideas e a vontade de actuar.
Unidos coma pobo cun obxectivo final:
Loitar por un concello ao servizo dos cidadáns.

A vida é movemento e queremos progresar,
móvete, móvete!! Non deixes de avanzar,
Si non estás contento coa situación actual,
móvete, móvete!! Podémola cambiar

O tamaño do adversario non nos vai amedrentar
A valía non se mide polo talle corporal
A política amiguista ten que rematar
A Estrada precisa de altura ética e moral

Un pobo que se move poderá demostrar
Que a soberanía sempre estivo na súa man
Que nada se pode contra o poder popular
Que se nos movemos non nos poden parar