Sigo conducindo, pola vía principal
Fito cara adiante, todo o resto dáme igual
Vos coas vosas teimas, e eu que quero rematar
Semáforo en roxo que me obriga a parar
Cruzamos a ollada devagar!
Sinto o teu veleno penetrar!
Foron uns segundos que xa non podo esquecer
Foi coma pezoña que se espallou no meu ser
Penso se algún día, poderei volverte a ver
Cismo no seguinte paso, no que teño que facer
Volvo ser consciente de sentir!
Sinto novas gañas de vivir!
Estou chegando a casa, e non deixo de sorrir
Son coma unha estatua, que chegara a vivir
Farei o preciso por volverte atopar
É o meu obxectivo, polo que quero loitar
Cruzamos a ollada devagar!
Sinto o teu veleno penetrar!
Dead Cross, Retox, and Qui members dish out subversive hardcore with an indignant smirk; come for the riffs, stay for the synth experiments. Bandcamp New & Notable Mar 31, 2024
Knockout debut from a Buffalo, New York-based hardcore band who like their riffs sick, their drums fast, and their choruses sticky-sweet. Bandcamp New & Notable Mar 28, 2024