We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A diana somos tod​@​s

by Esquíos

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €5 EUR  or more

     

1.
Cansaches de palabras, cansaches de promesas Chega un momento no que xa non cres en nada Cansaches de ser un xoguete nas máns dun patrón Que busca o seu proveito e ignora a tripulación Cansaches de que as leis sexan utilizadas Para pechar a boca dos que xa non temos nada Cansaches da violencia que nos chega de arriba Botanos da casa e deixanos sen comida Temos miolos e a razón Temos a forza do pobo Temos ansia e corazón Pasemos a acción!! Pasaches da impotencia á desesperación Que por non ter cartos te traten coma a un ladrón Ollaches aos teus fillos e viches o futuro Cidadáns e non escravos, camiñando todos xuntos Temos miolos e a razón Temos a forza do pobo Temos ansia e corazón Pasemos a acción!!
2.
Asalariado 02:49
Ofreces democracia e so nos das corrupción Vendes igualdade e so obtemos extorsión Dun sistema inxusto que busca a eliminación Dos dereitos que acadou a anterior xeración Cada catro anos saes da torre de cristal Na que vives apartado do mundo real Agasallas con sorrisos e con apretóns de mans A todos os ilusos que te van a aclamar Se eres o meu representante non me vas levar x diante Para que os teus catro maigos poidan vivir ben Se eres o meu asalariado, baixo o paraugas do estado Non vou a permitir que me deixes sen comer Envías ao pitufos para convencer A base de ostias ao pobo que non cre As túas mentiras, as túas bufonadas Usas as leis para ter bocas pechadas Se eres o meu representante non me vas levar x diante Para que os teus catro maigos poidan vivir ben Se eres o meu asalariado, baixo o paraugas do estado Non vou a permitir que me deixes sen comer
3.
Ter medo a unha folla en branco sensación de non ser nada non ter nada que aportar ou ser materia estragada O arrepío da indignidade servido en bandexa de prata o furto da humanidade que perpetra o pederasta Animais de aspecto estraño!! Ventos de cambio arrasan Esnaquizan o futuro campos ermos onde pasan a morte é un feito seguro As sereas porque cantan As feras porque nos morden As aves comen e matan as árbores por que non poden Animais de aspecto estraño!!
4.
Sigo conducindo, pola vía principal Fito cara adiante, todo o resto dáme igual Vos coas vosas teimas, e eu que quero rematar Semáforo en roxo que me obriga a parar Cruzamos a ollada devagar! Sinto o teu veleno penetrar! Foron uns segundos que xa non podo esquecer Foi coma pezoña que se espallou no meu ser Penso se algún día, poderei volverte a ver Cismo no seguinte paso, no que teño que facer Volvo ser consciente de sentir! Sinto novas gañas de vivir! Estou chegando a casa, e non deixo de sorrir Son coma unha estatua, que chegara a vivir Farei o preciso por volverte atopar É o meu obxectivo, polo que quero loitar Cruzamos a ollada devagar! Sinto o teu veleno penetrar!
5.
Podes torturarme sen piedade Podes atar as minhas mans Podes deixarme cego de verdade A minha língua podes amputar Aínda a miña mente fala, e non vai calar! Aínda a miña mente fala, e non vai parar! Aínda a minha mente fala, terasme que matar! Podes cubrirme de mentiras Poñelos a tod@s contra min Ilegalizar meu pensamento Podes recluírme entre muros de cemento Aínda a miña mente fala, e non vai calar! Aínda a miña mente fala, e non vai parar! Aínda a minha mente fala, terasme que matar!
6.
Nunha casa rosa, habita unha sombra, soñando con luces de neón A vida se esgota, a miseria brota, a paisaxe perde concreción A casa muda a súa cor, Alguén morre no interior Os recordos viven, as paredes seguen, envolvendo todo de dolor O vidro das fiestras, esculpe a paisaxe, a fraga disolvese arredor A nebra oculta o lugar, O silencio é total Saudade!! Dunha man que traia ao sol!! Saudade!! De apertas de corazón!! Leve movemento, corpo macilento, Derradeiro sinal de pulsión A man que saúda, cando chega a Parca, Deixase caer no sucio chán A casa muda a súa cor, Alguén morre no interior Saudade!! Dunha man que traia ao sol!! Saudade!! De apertas de corazón!!
7.
Es ignorancia vestida de vulgaridade É falta de intelixencia e de dignidade Es un mundo tan pequeno que non pesa nada É tan insignificante a túa pegada Pero ti non o ves Pero ti non sabes quen es... Pero ti non o ves Es menos que nada! Es unha persoa falsa coma a sociedade É pouco recomendable a túa amizade Es alguén tan daniño coma a tempestade Es cen x cen prescindible e non retornable Pero ti non o ves Pero ti non sabes quen es... Pero ti non o ves Es menos que nada!
8.
Animal 02:29
Ser natural nun mundo artificial so está ben visto polo mercado argumento de venda insubstancial hipocrisía travestida de saldo Chámame animal porque son instintivo, non coñezo o termo planificar Dime salvaxe porque son impulsivo, fachendoso de non razoar Salvaxe, animal!! Chámamo outra vez!! Salvaxe, animal!! Sempre serei!! Salvaxe animal!! Chámamo outra vez, outra vez!! Non creo en bandeiras nin creo en estados Non hai fronteiras artificiais Creo en aquelo que ulo e que toco Creo nas leis si son naturais Salvaxe, animal!! Chámamo outra vez!! Salvaxe, animal!! Sempre serei!! Salvaxe animal!! Chámamo outra vez, outra vez!!
9.
Farto de nubarróns, de non ver brillar o sol Canso de malos agoiros, de escuridade e de dor Non quero verte chorar, so preciso a túa ilusión Quero encher días e noites de momentos sen igual Esquecerme dos problemas que nos tentan afogar Hoxe mesmo é o futuro e non quero saber máis Carpe diem en latín!! En galego ponte a mil!! Carpe diem en latín!! Dalle lume Robin!! Olla ao fondo dos meus ollos e poderas comprobar Que o fulgor que os ilumina sempre me acompañara Se segues cabo de mín nada me vai a parar Carpe diem en latín!! En galego ponte a mil!! Carpe diem en latín!! Dalle lume Robin!!
10.
Yes vey well Thank you very much fandago Aprende inglés na Xunta con Feijoo!!
11.
Dignidade é unha verba doada de pronunciar, Darlle o seu sentido é o que temos que acadar, Igualdade e respecto non se quedan atrás, O progreso consiste en sabelas conxugar, Importan as persoas, non importa o capital, Importan as ideas e a vontade de actuar. Unidos coma pobo cun obxectivo final: Loitar por un concello ao servizo dos cidadáns. A vida é movemento e queremos progresar, móvete, móvete!! Non deixes de avanzar, Si non estás contento coa situación actual, móvete, móvete!! Podémola cambiar O tamaño do adversario non nos vai amedrentar A valía non se mide polo talle corporal A política amiguista ten que rematar A Estrada precisa de altura ética e moral Un pobo que se move poderá demostrar Que a soberanía sempre estivo na súa man Que nada se pode contra o poder popular Que se nos movemos non nos poden parar
12.

about

Contratación: littlerockgalicia@gmail.com// 629 89 44 81
Contacto: esquios@esquios.com
Web: www.esquios.com

credits

released May 1, 2015

Todas as músicas e letras compostas e escritas por Jorge Rodríguez. Todos os temas arranxados por Esquíos.
Deseño de portada por Jorge Rodríguez.
Gravado, mesturado e masterizado en dous días de abril do 2015 por José Bonham, nos Bonham estudios da Coruña.

license

tags

about

Esquíos A Estrada, Spain

contact / help

Contact Esquíos

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Esquíos, you may also like: